O mellor comparador de
seguros para mascotas en
Galicia ao mellor prezo
Compara o seguro obrigatorio de responsabilidade civil para cans e gatos e
engade cobertura veterinaria nos mellores centros da nosa terra


Principais coberturas do seguro para mascotas
Información sobre coberturas de responsabilidade civil, asistencia veterinaria, accidentes e enfermidades para cans e gatos.


Asistencia Veterinaria
Cobertura de gastos veterinarios por enfermidade: consultas, probas diagnósticas, análises, cirurxías e hospitalización.


Cobertura por Accidentes
Cubre os gastos veterinarios derivados dun accidente, como atropelos, fracturas ou inxesta de corpos estraños.


Indemnización por Roubo e Extravio
Capital de indemnización polo roubo da mascota. Inclúe cobertura de gastos destinados á busca por perda ou extravío.


Seguro de Responsabilidade Civil Obrigatorio
Capital para indemnizacións a terceiros por danos materiais ou corporais causados pola mascota. Cobertura legal segundo a Lei de Benestar Animal vixente en Galicia.
Seguro veterinario con reembolso do 80 % e libre elección de clínica
Reembolso ata 2.500 €/ano: Cobertura do 80 % dos gastos veterinarios cun límite anual de 2.500 €.
Libre elección de veterinario: Acude ao centro que prefiras, sen redes pechadas nin restricións.
Urgencias, enfermidades e consulta preventiva anual: Cobertura de urxencias, tratamentos, diagnósticos e unha revisión xeral anual.
Tratamento de enfermidades e cirurxía: Inclúe intervencións, análises e postoperatorio de enfermidades comúns ou crónicas.


As mellores coberturas para a túa mascota
Seguro de Responsabilidade Civil Obrigatorio para Cans: Dende a entrada en vigor da Lei de Benestar Animal en Galicia, o seguro de responsabilidade civil é obrigatorio para todos os cans, independentemente da súa raza ou tamaño. Cumpre coa normativa vixente de forma rápida e sinxela, e obtén a tranquilidade de estar cuberto ante calquera dano que a túa mascota poida ocasionar a terceiros.
Asesoramento Veterinario Telefónico 24/7: Resolve ao instante calquera dúbida sobre a saúde, alimentación ou comportamento da túa mascota. Un equipo de veterinarios profesionais está dispoñible para ti as 24 horas do día, os 7 días da semana, para ofrecerche asesoramento experto, especialmente en casos de urxencia.
Coberturas opcionais do seguro de mascotas. Engade estas garantías adicionais para unha protección completa:
Cobertura por accidentes, roubo ou extravío: Protección ante imprevistos: atropelos, fracturas, roubo con violencia ou perda do animal. O seguro inclúe busca e compensación económica.
Gastos veterinarios por enfermidade ou cirurxía: Reembolso de gastos por enfermidades, análises, tratamentos, hospitalización ou intervencións cirúrxicas en clínicas veterinarias.
Sacrificio xustificado do animal: O seguro cobre os custos asociados ao sacrificio ou eutanásia da mascota, sempre que sexa prescrito por motivos clínicos polo veterinario.
Gastos por falecemento ou incineración: Indemnización ou cobertura dos custos derivados do falecemento do animal, incluíndo servizos funerarios, incineración ou xestión veterinaria.
Creando conexión humana a través da experiencia dixital


Plant For The Planet
Unha árbore por cliente. Comparador Galego e Plant For The Planet traballamos por un mundo máis verde e temos como obxectivo 1 millón de árbores plantados para o 2030.
Comparador de seguros para mascotas: prezos, coberturas e aseguradoras nun só lugar
Seguros económicos para mascotas con asistencia veterinaria, accidentes e roubo. Compara prezos e coberturas de varias aseguradoras nun só sitio
Responsabilidade civil obrigatoria para cans segundo a Lei de Benestar Animal
Coberturas completas para cans, gatos e animais exóticos
Contratación 100 % en liña

